Axudas a startups

O 100 % do gasto dunha startup nova con sede en Galicia (gasto mínimo 10.000 €).

Contía
ata 20.000 €
Estado
Pechada · volve cada ano
Pechou o 30/09/2026
Quen a dá
Xunta · Igape
Código
IG408G

Quen pode pedila

  • Startup galega ou con centro de traballo en Galicia, de nova creación ou con menos de 5 anos (7 en sectores estratéxicos).
  • Proxecto innovador e escalable; non repartir dividendos nin cotizar en bolsa.
  • Cumprir polo menos unha: certificación ENISA, cualificación EIBT, programa de aceleración recoñecido (Viagalicia, BFAuto, Galicia Avanza…), spin-off, Rexistro de Pemes Innovadoras ou certificacións EA 0047/EA 0043.

Canto se cobra

  • 100 % do gasto, ata 20.000 €.
  • O gasto mínimo ten que ser de 10.000 €, feito desde o 1 de xaneiro de 2026.

Como se pide

  • Electronicamente en spiga-sede.igape.es, con certificado dixital. Unha solicitude por startup.
  • Por orde de entrada ata esgotar 1,5 millóns.

Prazo

En 2026, ata o 30 de setembro ás 14:00. Sae cada ano.

Que non se che escape ningunha.

Apúntate e avisámoste cando abran as axudas que encaixan contigo.

Avísame
Fontes oficiais

Revisado o 04/11/2026. Isto é un resumo: se algo non cadra, valen as bases oficiais.