Quen somos
Tócache é unha web independente e gratuíta para saber que axudas e subvencións che tocan en Galicia, sen ter que ler o DOG enteiro.
Non somos unha administración
Non pertencemos á Xunta, ao Estado, a ningunha deputación nin a ningún concello. Non tramitamos axudas nin cobramos por informar. Cada ficha leva á convocatoria oficial, que é a que vale.
De onde sacamos os datos
- Diario Oficial de Galicia (DOG), Boletín Oficial do Estado (BOE) e boletíns das deputacións (BOP).
- Sedes electrónicas da Xunta, os ministerios e as deputacións.
- Base de Datos Nacional de Subvencións (BDNS).
Como traballamos
- Copiamos requisitos, contías e prazos da fonte oficial. Se a fonte non o di, nós tampouco.
- Cada ficha mostra as fontes e a data da última revisión.
- Cando un prazo depende da publicación (por exemplo, «un mes desde o DOG»), dicímolo así.
Quen está detrás
[Completar: quen fai Tócache e desde onde.]
Viches un erro?
Escríbenos a [EMAIL DE CONTACTO] e corriximos canto antes.