Calefacción renovable na casa

Biomasa, xeotermia, aerotermia ou solar térmica en vivendas de parroquias rurais ou intermedias.

Contía
50 %
Estado
Pechada · volve cada ano
Pechou o 13/03/2026
Quen a dá
Xunta · Inega
Código
IN421P

Quen pode pedila

  • Persoas físicas, comunidades de veciños e certas sociedades patrimoniais con dereito sobre unha vivenda en Galicia.
  • A vivenda ten que estar nunha parroquia rural ou intermedia (listaxe na web do Inega).
  • Equipos: caldeiras de biomasa, bombas de calor de xeotermia, aerotermia (aire-auga) ou hidrotermia, e solar térmica.

Canto se cobra

  • 50 % do investimento sen IVE.
  • Máximo por vivenda: 8.000 € biomasa, 10.000 € xeotermia, 2.500 € aerotermia ou hidrotermia e 2.000 € solar térmica.

Como se pide

  • Non a pide o particular: tramítaa un instalador adherido como entidade colaboradora.
  • Hai que achegar tres ofertas de instaladores adheridos.

Prazo

En 2026 foi do 9 de febreiro ao 13 de marzo. Sae cada ano.

Que non se che escape ningunha.

Apúntate e avisámoste cando abran as axudas que encaixan contigo.

Avísame
Fontes oficiais

Revisado o 04/11/2026. Isto é un resumo: se algo non cadra, valen as bases oficiais.